Crean un novo espazo para ler e compartir libros na rúa en Quiroga

RibeiraSacraXa
Quiroga contará cun novo servizo de lecer para todos os veciños, un proxecto chamado Biblioteca na Rúa.
19 Xan 2023

Quiroga contará cun novo servizo de lecer para todos os veciños, un proxecto chamado Biblioteca na Rúa.

Este servizo consiste nun habitáculo que contén libros para que os cidadáns que pasen por diante poidan collelos e lelos, así como deixar outros libros seus para que os lean os demais veciños.

O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, matizou que haberá dous espazos dedicados a esta iniciativa, pero aínda está por determinar a súa colocación. Están barallando a opción de colocar un na zona do parque da Constitución, por ser unha das zonas máis utilizadas para o descanso polos veciños.

Con esta iniciativa Quiroga, en palabras de Julio Álvarez, "crea un complemento máis para os espazos de lecer á vez que se saca a cultura á rúa".

0.089277029037476