Courelendo prepara unha nova edición dos 3.000 do Courel

RibeiraSacraXa
Será o vindeiro 20 de xuño e a organización xa traballa en perfilar o percorrido definitivo
3000-do-Courel-coureleando-2
1 Mar 2026

Courelendo organiza a sexta edición dos 3.000 do Courel, unha proba de sendeirismo que se celebrará o sábado 20 de xuño e que está considerada como unha das rutas máis duras de Galicia.

O percorrido mantén o seu formato habitual, con aproximadamente 30 quilómetros de distancia e 3.000 metros de desnivel positivo acumulado, o que a converte nunha cita destinada a participantes cunha elevada preparación física.

Desde a organización xa traballan en definir o trazado definitivo deste ano, que estará orientado, como en edicións anteriores, ás persoas sendeiristas máis experimentadas.

0.12029385566711