Coureleando propón novas rutas para o mes de abril, comezando polo sábado 13
Coureleando segue organizando novas rutas polo Xeoparque Montañas do Courel para o mes de abril, a primeira o vindeiro sábado 13.
Así, as persoas interesadas poderán participar na Ruta PR-G 218 da Devesa do Cervo e Montouto. “A devesa, a xeoloxía, a ferrería de Soldón e a pisaxe dun pico done se xuntan tres provincias”, tal e como explican desde a asociación. A ruta será circular e duns 18 km de dificultade media/alta para xente habituada a camiñar por terreo irregular.
Ademais, rematarase a ruta xunto dos rapaces de Terriña Salvaxe, “sitio ideal para recuperar as forzas dunha ruta de xornada completa”, explican.
O material obrigatorio será a roupa e calzado de montaña axeitados para a climatoloxía, mochila con bebida e comida, bastóns, crema para o sol, toalliña para secar os pés, repelente de insectos e roupa de recambio.