Coureleando prepara unha nova edición da ruta dos 3.000

A ruta dos 3.000 volve un ano máis da man de Coureleando. Un desafío de montaña de dificultado “moi alta”, segundo advirten dende a propia organización. Será o 21 de xuño e estará liderada polo guía de montaña Gullermo Díaz Aira.
A ruta terá unha duración aproximada de 15 horas, polo que recomendase ás persoas que queiran participar que vaian ben equipadas con zapatillas de Trail en bo estado, mochila con comida lixeira, crema do sol, frontal con pilas, auga, roupa adaptada á climatoloxía e sales minerais. Ademais, haberá que levar bastóns.
Os participantes enlazarán todos os quilómetros e medios quilómetros verticais do Courel, pasando pola aula da natureza de Moreda, Formigueiros, Polín, Penaboa, Piapáxaro e o Pontón. O punto de quedada será a Praza do Concello de Folgoso do Courel ás 7.00 horas da mañá.
A actividade está recomendada a persoas habitadas a camiñar en grandes desniveis e distancias, que poderán inscribirse a través do teléfono 626 643 021.