Coureleando organiza unha ruta interpretada por Seceda do Courel
RibeiraSacraXa
A actividade será o vindeiro domingo, 23 de xuño
16 Xuño 2024
O colectivo Coureleando organiza unha nova ruta interpretada para o vindeiro 23 de xuño, neste caso por Seceda do Courel, por onde o técnico deportivo de Media Montaña, Guillermo Díaz, levará aos participantes.
Esta ruta, de 9 km, é circular e cunha dificultade media de arredor de 300 metros de desnivel, polo que está deseñada para facer por persoas que estean habituadas a camiñar por terreo irregular.
A ruta incluirá a interpretación da xeoloxía devónica e a visita a un xacemento de fósiles único no Courel, chegando ao acueducto da Ponte da Veiga onde verán albarizas tradicionais e modernas.
O material obrigatorio é roupa, calzado de montaña, mochila con bebida, bastóns, crema de sol e repelente para mosquitos.