Coureleando organiza unha ruta de sendeirismo en Leiro para despedir o ano

RibeiraSacraXa
Os participantes coñecerán zonas como Ponte da Cruz e Pozo dos Fumes
leiro
24 Dec 2025

O próximo sábado 27 de decembro, Coureleando propón unha ruta de dificultade media pola zona de Leiro, ideal para despedir o ano cunha actividade ao aire libre. O percorrido, duns 14 quilómetros aproximadamente e cunha duración estimada de cinco horas, pasará por lugares como Ponte da Cruz e Pozo dos Fumes, rematando en Leiro.

A saída será gratuíta e o punto de encontro estará no camping de Leiro, detrás do campo de fútbol, ás 9:30 horas. As persoas interesadas poden anotarse chamando ao teléfono 626 643 021.

A ruta estará guiada por Guillermo Díaz Aira, técnico de media montaña e guía de Coureleando, que acompañará aos participantes durante todo o percorrido.

⚙ Configurar cookies
0.078356027603149