Coureleando organiza unha nova ruta para o vindeiro sábado, 9 de novembro
RibeiraSacraXa
Esta ruta será no canón do Sil, onde as persoas participantes desfrutarán de lugares icónicos dentro da Ribeira Sacra
26 Out 2024
Coureleando organiza unha nova ruta para o vindeiro sábado, 9 de novembro, que será a PR-G-98: Circular en Parada de Sil.
Esta ruta será no canón do Sil, onde as persoas participantes desfrutarán de lugares icónicos dentro da Ribeira Sacra como os balcóns de Madrid, Santa Cristina ou o castiñeiro de Entrambosríos.
Así, percorrerán carreiros coa pureza da paisaxe, bosques eternos coas cores do outono, viñedos e aldeas milenarias que conservan a esencia da terra galega.
Esta ruta será de 20 km, polo que a dificultade será media/alta, xa que ademais contará con +1.300 de desnivel, polo que está pensada para xente que está habituada a camiñar por terreo irregular.