Coureleando organiza unha nova ruta entre as fervenzas do Courel

RibeiraSacraXa
Os participantes poderán ir de Outeiro a Vilarbacú pola beira do río da man do guía Guillermo Díaz
fervenza-courel-coureleando
Imaxe dunha fervenza no Courel
17 Jan 2025

Coureleando organiza o vindeiro sábado, 25 de xaneiro, una nova ruta centrada no Quiroga Trail Challenge. Os participantes poderán percorrer unha das etapas máis espectaculares desta cita co deporte, atravesando fervenzas e camiños esquecidos, ferrerías,minas de antimonio, cárceres, un teixo monumental e unha historia “explosiva” que contar, explican desde a asociación.

Trátase da Ultra 83 Atrum Vits, do Trail do Castelo, unha ruta por vilas singulares como Paradaseca, Rugando Outeiro, Vilarbacu, A Seara e Paradapiñol. Neste caso, os participantes poderán ir de Outeiro a Vilarbacú pola beira do río da man do guía Guillermo Díaz. As reservas poden facerse a través do teléfono 626 643 02.

0.14958190917969