Coureleando organiza unha nova actividade para aprender a orientarse na Montaña

Coureleando organiza o 25 ao 27 de xullo na Casa Caselo, en Paderne do Courel, un curso práctico para aprender a manexar GPS, Wikiloc e outras aplicacións de xeolocalización.
Durante tres días, os participantes poderán mellorar as súas habilidades para crear rutas, entender que é un waypoint e aprender a diferenciar unha ruta dun track, ademais de personalizar os seus percorridos para compartir ou gardar. O programa inclúe tamén saídas nocturnas e outras actividades complementarias.
En total, o curso ofrece 6 prazas en tres habitacións con cama de matrimonio e 4 prazas en habitación dobre, con opción de engadir algunha cama supletoria. O grupo, explican dende a organización, será reducido, entre 7 e 10 persoas, para garantir unha formación práctica e personalizada.
As actividades estarán guiadas polo técnico deportivo de media montaña Guillermo Díaz Aira.