Coureleando organiza tres novas rutas con motivo da Festa da Pisa da Castaña

Con motivo da XXV edición da Festa da Pisa da Castaña, un dos eventos culturais con maior percorrido da comarca e que se celebra este 7 de decembro na aldea de Froxán , dende Coureleando poñen en marcha tres novas rutas que se desenvolverán durante toda a fin de semana.
Para comezar, o venres, 6 de decembro, terá lugar a clásica Ruta do Río Pequeno, seguida dunha ruta o día da Pisa polo do Castro de Vilar. Por último, o domingo, 8 de decembro, haberá unha ruta deportiva de mañá polo Pico do Coto.