Coureleando organiza tres novas rutas con motivo da Festa da Castaña

RibeiraSacraXa
Os participantes poderán gozar da paisaxe do outono da serra do Courel
3000-do-Courel-coureleando-2
31 Out 2024

Coureleando organiza tres novas rutas con motivo daFesta da castaña no Souto da Carroza, en Folgoso do Courel.

O primeiro dos roteiros terá lugar este mesmo venres, 1 de novembro, que irá de Saceda ao acueducto de Lousadela. Os participantes poderán gozar da paisaxe de outono no val Lóuzara, da súa xeoloxía e da arquitectura tradicional da zona. Será unha rta circular de dificultade media con 7 quilómetros de percorrido.

O mesmo día, pola tarde, haberá outra ruta nos Entaladoiros e Val de Mouras.

O sábado, 2 de novembro, haberá un roteiro circular polo camiño do Lor, cun percorrido de 7 quilómetros de dificultade media e remate na propia Festa da Castaña no Souto da Caroza.

Por último, o domingo 3 de novembro, haberá unha ruta deportiva en Pico do Coto, de 4 quilómetros.

0.11553406715393