Coureleando organiza rutas para os días 28, 29, 30 e 31 de marzo
Coureleando, a través do seu guía deportivo Guillermo Díaz, organiza diversas rutas para os días 28, 29, 30 e 32 de marzo, coincidindo coa Semana Santa.
Así, a primeira será o día 28, xoves, na que se realizará unha ruta circular de 14 km do Río Pequeno coa visita ao Castro de Brío. “Unha ruta por un dos vales máis fermoso de Galicia, con xeoloxía, arqueoloxía, natureza e cultura tradicional”, explican.
Pola súa parte, o venres 29 desenvolverase unha ruta circular de xeoloxía e arqueoloxía no Monte Cido de 7 km e pola tarde terá lugar unha actividade de interpretación da xeoloxía caliza no Val das Mouras e os Ataladoiros.
Con respecto ao sábado, organizan unha ruta circular da Devesa da Rogueira de 10 km onde verán “o mellor bosque de Galicia”, percorrendo os recunchos da Devesa, Cabanas e Moreda.
Por último, o domingo 31 terá lugar unha xornada de xeoloxía en Seceda, facendo un percorrido de 7 km ata o acueduto da Ponte da Veiga, con visita ás alvarizas, xacemento fósil de 400 millóns de anos.