Coureleando organiza rutas para coñecer as especies de orquídeas na Serra do Courel e na Enciña de Lastra

RibeiraSacraXa
Serán os días 17 e 24 de maio
orquideas-serra-do-courel
6 May 2025

Coureleando organiza un ano máis sas “rutas das orquídeas”, unha oportunidade para descubrir as especies de esta flor que se esconden na serra do Courel e no Parque Natural da Enciña de Lastra.

Os participantes, da man do guía Guillermo Díaz Aira, percorrerán o 17 de maio diferentes puntos da serra do Courel tratando de identificar os exemplares representativos. O mesmo farase o 24 de maio, neste caso no Parque Natural da Enciña de Lastra.

Dende a organización lembran que as orquídeas son especies delicadas polo que os participantes deberán ter o máximo coidado durante a xornada para non alterar o medio rural, xa que camiñarán por zonas altamente sensibles.

En total, ofértanse 9 prazas para cada ruta. As inscricións poden realizarse no teléfono 626 643 021.

⚙ Configurar cookies
0.14000105857849