Coureleando organiza dúas novas rutas esta fin de semana con motivo do Entroido

Coureleando pon en marcha para esta fin de semana dúas novas rutas co gaio do Entroido de 2025.
A primeira delas terá lugar o sábado, 1 de marzo, e será de dificultade alta, polo que non se recomenda a asistencia de persoas que non estean afeitas a andar pola montaña. Nesta ocasión, os e as participantes poderán coñecer, a través dun percorrido de 19 quilómetros, lugares como Penabo e o Pico do Coto, cunha duración estimada de 9 horas. A ruta sairá do Potón para facer o bucle de Coto, seguindo cara Penaboa e Piapáxaro (facendo as dúas arestas).
Pola súa conta, a ruta do domingo, 2 de marzo, será de dificultade media e contará cunha interpretación de xeoloxía, observación de fósiles, minería de ferro, alvarizas e a paisaxe do Courel.
Para inscribirse nestas rutas, que estarán guiadas polo técnico deportivo de media montaña, Guillermo Díaz Aira, haberá que anotarse a través do teléfono 626 643 021.