Coureleando organiza dúas novas rutas esta fin de semana co gallo do Quiroga Trail Challenge

RibeiraSacraXa
Os participantes poderán percorrer por primeira vez unha nova ruta polas montañas entre Outeiro a Vilarbacú
Coureleando
Coureleando
5 Feb 2025

Coureleando organiza dúas rutas para a fin de semana do 8 e 9 de febreiro, co gallo do Quiroga Trail Challenge, que se celebrará os días 15 e 16 de febreiro e que reunirá este ano a 1.2000 corredores.

A primeira das rutas de Coureleando será o sábado 8 de febreiro, e percorrerá a senda do Quiroga Trail Challenge de Outeiro a Vilarbacú, pasando polas fervenzas do Pombar e a Pedriña, entre outras. Os participantes poderán percorrer por primeira vez esta nova ruta da proba, percorrendo as montañas e as aldeas da contorna, pasando por un teixo centenario, minas de antimonio e as pegadas dos glaciares.

A segunda actividade será o domingo, 9 de febreiro, cun roteiro circular na ribeira do Lor que sairá de Folgoso para camiñar pola súa beira en sentido ascendente ata cruzar a Ponte do Porto e voltar de novo ata o punto de saída polo Castro de Foucella e Trasponda.

Ambas actividades estarán dirixidas pola guía e técnico de media montaña Guillermo Díaz Aira. As inscricións faranse a través de WhatsApp no teléfono 626 643 021.

0.18075203895569