Coureleando impartirá un obradoiro de identificación de orquídeas este sábado

RibeiraSacraXa
Coureleando impartirá un obradoiro de identificación de orquídeas este sábado só para cinco persoas que pagarán 20 euros
Coureleando
3 May 2023

Coureleando organiza para este sábado, 6 de maio, un taller de identificación de orquídeas no Courel ao que poderán acudir só cinco persoas, dado o altísimo valor biolóxico dos exemplares e que se debe ser moi coidadoso coa contorna.

Guillermo Díaz Aira, técnico deportivo de Media Montaña, será o encargado de impartir este obradoiro no que poderanse ver ata 26 especies diferentes de orquídeas.

Ademais, os participantes, que terán que facer un pago de 20 euros, percorrerán diversos puntos da xeografía courelá, tratando de identificar os exemplares representativos.

A actividade comezará ás 10.00 horas no punto de encontro diante de Bar Pombo de Seoane e durante a mañá pasarase pola microrreserva do Alto do Couto, por Penas Míllaras, pola Microrreserva de Monte Cido e polo carbedo. Xa pola tarde, estarase na área caliza de Teixeira/Noceda.

Por último, desde Coureleando aconsellan levar roupa cómoda, calzado deportivo e unha mochila con auga. Para anotarse poderase facer a través do número 626 64 30 21.

Coureleando Orquídeas
0.16998386383057