Coureleando e Casa Ferreiro organizan unha dobre ruta por Folgoso do Courel
Casa Ferreiro conxuntamente con Coureleando organiza unha ruta guiada polo técnico Guillermo Díaz que durará dous días, o 11 e 12 de febreiro.
A ruta comezará o sábado 11 e será a ruta do río pequeno. Sairase desde a parroquia de Seoane, de Folgoso do Courel, ás 10.00 horas, continuando pola Ferrería Nova, Mercurín, Castro de Brío, Paderne, Cabanas de Miraz e de volta a Seoane.
Ao rematar a ruta, os participantes durmirán en Casa Ferreiro para ao día seguinte, o domingo 12, percorrer a ruta dos sequeiros de Mostaz. Sairán ás 9.30 horas cara a ponte de covas para ver unha pequena mira romana, o camiño Esperante para logo enlazar na ruta dos sequeiros de Mostaz.
O prezo da excursión é de 75 euros por persoa que inclúe a cena do sábado, a estancia, o almorzo do domingo e a guía polas rutas a cargo de Guillermo Díaz.
Para reservar praza e desfrutar desta actividade, hai que contactar co número 611 123 394.