Coureleando celebra este sábado a derradeira ruta do ano
Coureleando organiza este sábado, 28 de decembro, a derradeira ruta do ano, que será un dos percorridos que forman parte do Quiroga Trail Challenge. Trátase da derradeira das rutas que dende a asociación veñen organizando durante todo o 2024.
Os participantes percorrerán un total de 16 quilómetros cun desnivel positivo de 1100 metros partindo da Seara e subindo ata Porto Murelos polo percorrido da carreira, por un vello camiño recuperado para o trail que leva ao pé da fervenza de Fondo da Petada e, dende aí, a ruta continúa ata Piapaxaro, para volver ao punto de inicio xa polo camiño clásico.
O tempo do percorrido e de aproximadamente seis horas e ten unha dificultade media. O punto de encontro para actividade será ás 9.30 horas no bar o Ferreriño, en Quiroga, e os participantes estarán guiados polo técnico deportivo de media montaña, Guillermo Díaz Aira.