Coureleando pon en marcha unha nova serie de rutas baseadas no Quiroga Trail Challenge 2025

Courelando pon en marcha unha nova serie de rutas baseadas no Quiroga Trail Challenge 2025, que se levarán a cabo ao longo de varias fins de semana e que arrancarán este sábado, 14 de decembro, coa andaina ‘Trail do Castelo’.
A ruta percorrerá un total de 17 de quilómetros, partindo de Quiroga e pasando pola Casa de Outeiro, a zona de parapente de Vilañán, o rego do Castelo das Eiras, Paradaseca, Castro Canivete e o Castelo de Torre Novaes para volver a Quiroga.
A andaina ten unha dificultade media e destaca pola irregularidade do terreo, que conta cun desnivel positivo e negativo de 1.000 metros.