Courelando organiza este sábado unha nova ruta por Pico Polín, Formigueiros e A Rogueira

Courelando organiza este sábado, 26 de abril, unha nova ruta no que os e as participantes coñecerán o miradoiro de Pico Polín, un lugar dende o que se pode contemplar a Devesa da Rogueira e Formigueiros en todo o seu esplendor, cunhas vistas espectaculares a unha importante parte de Galicia, el Bierzo e, en días despexados, As Ubiñas.
A ruta ten unha lonxitude de 15 quilómetros cun desnivel positivo e negativo de 1.300 metros, e é de dificultade media/alta. As persoas participantes partirán do bar O Mirador de Folgoso, e serán guiados polo técnico de montaña de Coureleando, Guillermo Díaz Aira, a través dunha ruta pouco transitada na Rogueira para subir ao Polín, pasando pola boca da gran cova de Pena Paleira. De aí, a andaina subirá cara o miradoiro por un sendeiro aberto polos cazadores. En Polín, os participantes pararán para contemplar as vistas e, despois, camiñado cara Formigueiros, pasarán pola Campa da Lucenza, polo cordal principal da serra e os seus vales glaciares. En Formigueiros, poderán gozar dunha das mellores vistas da vertente Trivesa, Ancares, Manzanal, os Montesoutos, Ubiñas e o Bierzo. Coñecerán, ademais, as míticas fontes da Rogueira e baixarán ata o inicio da ruta no refuxio dos estudantes nas Nogais, no límite co Bierzo e Galicia.