Courelando organiza a tradicional Subida a Formigueiros para celebrar o Aninovo

Courelando organiza un ano máis, para dar a benvida ao ano, a xa tradicional Subida a Formigueiros, unha ruta gratuíta na que os participantes poderán ascender ao teito do Courel polo Alto do Couto.
A ruta, de carácter circular e cunha distancia de 8 km e 540 metros de desnivel, será de dificultade alta debido á neve e ás condicións invernais da serra. Os participantes deberán ir preparados con botas de montaña impermeables, polainas, luvas, gorro, raquetas, bastóns e lentes de neve. Ademais, desde a organización avisan que será necesario levar roupa de cambio para o remate da ruta, así como algo de comer e auga.
A andaina estará guiada polo técnico deportivo de Media Montaña, Guillermo Díaz Aira, e para participar hai que inscribirse no 626 643 021. O punto de encontro será en Seoane, no Bar Pombo, ás 10:30 horas.