Courel Vivo propoñerá melloras na Rede de Transporte Sanitario Urxente
Courel Vivo levará o 24 de xuño esta proposta ao pleno co gallo de mellorar "un servizo tan básico e tan necesario nun concello como o noso".
Courel Vivo levará unha proposta ao seguinte pleno ordinario do Concello de Folgoso do Courel, o 24 de xuño, para solicitar melloras na Rede de Transporte Sanitario Urxente.
"O noso Concello conta coa ambulancia peor dotada das 125 que ten a rede en todo Galicia", lamentan desde a formación, ao tempo que aproveitan para recordar que neste concello "moitos habitantantes temos o hospital de referencia a máis de unha hora de camiño e a media de idade é moi alta".
Asemade, explican que desas 125 ambulancias soamente hai dúas básicas. Neste senso, Courel Vivo reclama que "debemos ter polo menos unha ambulancia de Soporte Básico Vital, que supliría a grande distancia ó Hospital de Monforte".Esta tería tamen dous técnicos por turno, como posúen outros centros que están mais preto do hospital.
Ademais, relatan que a esta carencia engádese que "dita ambulancia é moi baixa e non ten caixoneiras nin soporte para material médico".