Courel Vivo pide que la nova Lei de Administración Local recoñeza os concellos de montaña

RibeiraSacraXa
Solicitan que a Xunta recoñeza os concellos de montaña cunha Lei de Montaña ou con medidas concretas e que non se perda a referencia comarcal na organización e na atención de proximidade
folgoso-do-courel
26 Feb 2026

A formación Courel Vivo solicita que a nova Lei de Administración Local, actualmente en exposición pública, recoñeza a peculiaridade dos concellos de montaña, poñendo como exemplo concreto o caso de Folgoso do Courel.

“O Courel non é só un concello pequeno: é un concello de montaña e afastado dos núcleos máis poboados. Non é o mesmo vivir ao lado dunha cidade que estar a máis dunha hora de servizos básicos, con poboación moi dispersa e custos máis altos en todo”, destacan desde a formación, que popón dúas medidas concretas ao respecto.

Por unha banda, piden que a Xunta de Galicia recoñeza os concellos de montaña cunha Lei de Montaña ou que a nova lei inclúa de forma específica medidas como máis financiamento, servizos garantidos, axudas ao emprendemento, protección do territorio e apoio ao turismo de montaña sostible. En segundo lugar, solicitan que non se perda a referencia comarcal na organización e na atención de proximidade, en contraposición ao intento de centralizar servizos na cidade de Lugo.

Esta proposta, xunto con outras preguntas e rogos recollidos da veciñanza, serán debatidas no próximo pleno do concello, que se celebrará previsiblemente o 13 de marzo ás 17:30 no salón de plenos de Folgoso do Courel.

0.13404011726379