Cortes no subministro da auga da rúa Chantada de Monforte de Lemos
O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anuncia un corte na rede de subministro de auga na rúa Chantada, co obxecto de levar a cabo actuacións programadas dende o Equipo de Goberno para a mellora da rede de abastecemento municipal de auga en dita rúa.
A tal efecto, o corte na rede de auga para o desenvolvemento destas actuacións producirase entre as 9:30 e as 12:00 horas de hoxe venres día 11 de febreiro, co obxecto substituír o cano provisional que foi instalado co inicio das obras de mellora no saneamento, polo cano definitivo, a cal será conectada a rede de abastecemento.
Deste xeito, levarase a cabo o corte de auga na rúa Chantada, so na súa marxe esquerda, entre a rotonda do Hórreo e o tanatorio, e agardando que arredor das 12 horas poida ser restablecido o servizo.
“Dende o Concello, seguimos traballando na mellora da rede de abastecemento de auga da cidade, a fin de proporcionar ós nosos veciños e veciñas servizos de mellor calidade, para o que desenvolvemos, dentro do noso programa de mellora das infraestruturas do municipio”, sinala o Alcalde.