Corte nun tramo do paseo fluvial de Monforte

RibeiraSacraXa
O Concello informa do corte no tramo do paseo fluvial que transcorre paralelo entre a horta do Convento-Asilo de anciáns e o río Cabe.
monforte vista
14 May 2021

O Concello de Monforte informa que ven de procederse a cortar o tramo do paseo fluvial que, con entrada pola Rolda María Emilia Casas Baamonde (inicio circunvalación), transcorre paralelo entre a horta do Convento-Asilo de anciáns e o río Cabe, ten saída no Paseo do Malecón, xunto ó transformador.

O corte deste tramo do paseo fluvial é debido a unha deficiencia detectada na pasarela situada en dito paseo, en concreto, a rotura dunha viga, que impide transitar ós viandantes con seguridade pola mesma.

Deste modo, o paseo permanecerá cortado temporalmente mentres non sexa reparada esta estrutura, a fin de garantir a seguridade dos seus usuarios.

Dende o Concello agradecen a comprensión dos veciños.

0.14897894859314