Corte da estrada provincial entre San Clodio e Ourense
RibeiraSacraXa
Corte da estrada provincial LU-P-5303 entre San Clodio e Ourense ata este venres, no quilómetro 3 para reparar un derrubo
7 Nov 2022
A estrada provincial LU-P-5303 que une San Clodio, en Ribas de Sil, coa provincia de Ourense por Torbeo, permanecerá cortada esta semana entre hoxe e o día 11.
Dende hoxe luns e ata o vindeiro venres 11 de novembro, producirase un corte que conlevará a interrupción da circulación dende o inicio da vía LU-P-5303 ó quilómetro 3.
A Deputación está a lavar a cabo varias actuacións para determinar o estado do solo e, posteriormente, proceder á reparación da calzada no punto quilométrico 2,350 onde se produciu un derrubo. Os cortes estarán debidamente sinalizados para que os usuarios e usuarias da estrada poidan tomar desvíos alternativos.