Corea contará cunha gran representación lucense no mundial de Taekwondo

RibeiraSacraXa
Ocho deportistas lucenses consiguieron su clasificación al mundial de taekwondo de Corea en el campeonato de España.
campeonato españa taekwondo
31 Xan 2022

O Ximnasio Neka de Monforte deixa un total de 8 representantes lucenses no campionato de taekwondo mundial en Corea.

Esta fin de semana tivo lugar o campionato de España en Taekwondo na Nucía, Alicante. Nesta cita reuníronse os mellores taekwondistas nacionais, incluíndo os deportistas de dous Centros de Alto Rendemento, deportistas olímpicos de Tokyo 2020 entre outros.

O sábado 29 de xaneiro desenvolveuse o Nacional de Combate Absoluto de Taekwondo no Pavillón Municipal Camilo Cano da Nucía. Nel, participaron 250 deportistas das 18 autonomías. Paralelamente, celebrouse a modalidade de combate o Nacional de Poomsae no Pavillón Muixara, nunha xornada coa que contou con 100 participantes. O domingo, 30 de xaneiro, tivo lugar o Campionato de España de Combate Absoluto e Poomsae nas modalidades Poomsae e Freestile onde participaron as parellas, trío, equipo e máster con máis de 250 deportistas.

O fin de semana deixou na categoría cadete un ouro por parte da parella formada por Aitor Teijeiro e Lucía Roca. Aitor Teijeiro tamén acadou o ouro no trío con Lucas Yelo e Pepe Souta, mentres que Lucía Roca conseguiu o bronce en trío.

Por outra banda, os júnior Laura Álvarez e Dani Areán lograron o primeiro posto. O taboadés Areán tamén conseguiu o ouro no trí con Marco García igual que Karla Novo.

Na categoría senior Carlos Rey, Álex Camba e Álvaro Portela clasificáronse para o mundial de Corea despois de conseguir a medalle de ouro, mentres que Elena Varela quedou subcampioa en trío.

Desta forma, visitarán o país asiático para competir Aitor Teijeiro, Lucía Roca, Laura Álvarez, Dani Areán, Marco García, Karla Novo, Álex Camba e Carlos Rey.

0.10227799415588