Convocan unha nova reunión no marco da candidatura Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da Humanidade

RibeiraSacraXa | OurenseXa
Terá lugar o vindeiro 13 de setembro en Nogueira de Ramuín
xuntanza-castro-caldelas-Ribeira-Sacra-Patrimonio
6 sep 2024

A estratexia de participación cidadá da candidatura Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da Humanidade convoca á veciñanza a participar nunha nova xuntanza.

Será no mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, en Nogueira de Ramuín o vindeiro venres 13 de setembro ás 19.00 horas como parte dun conxunto de encontros impulsados pola Xunta de Galicia co obxectivo de informar sobre a situación da candidatura e recoller as opinións ou inquedanzas dos axentes locais e veciñanza.

Búscase escoitar á cidadanía, e tamén detectar a responsables de asociacións veciñais e, en xeral, persoas que representen ás distintas parroquias para seguir aumentando a base de datos de cara á convocatoria do Consello Parroquial que se celebrará en outubro.

A xuntanza é aberta á participación de veciñas e veciños en xeral; asociacións veciñais e culturais; comunidades de montes, e demais axentes culturais, económicos ou sociais. Non é preciso reservar para asistir.

0.090317010879517