Convocan á veciñanza da Terra de Caldelas para apoiar a candidatura Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial

RibeiraSacraXa
Terán unha reunión este venres, 26 de xullo, ás 20.00 horas, no salón de actos do Castelo
xunta-de-apoio-a-ribeira-sacra-patrimonio
Reunión da xunta
25 Xul 2024

A estratexia de participación cidadá da candidatura Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da Humanidade convoca unha nova xuntanza, desta volta dirixida á veciñanza das parroquias arribeirás da Terra de Caldelas.

A xuntanza será este venres 26 de xullo ás 20:00 horas no salón de actos do Castelo de Castro Caldelas. Forma parte dun conxunto de encontros impulsados pola Xunta de Galicia co obxectivo de informar sobre a situación da candidatura e recoller as opinións ou inquedanzas dos axentes locais e veciñanza.

No caso do encontro de Castro Caldelas, interesa escoitar á cidadanía, mais tamén detectar a responsables de asociacións veciñais e, en xeral, persoas que representen ás distintas parroquias para seguir aumentando a base de datos de cara á convocatoria do Consello Parroquial que se celebrará en outubro.

A xuntanza é aberta á participación de calquera persoa e non é preciso reservar para asistir. No perfil de Instagram @participa_ribeirasacra pódese obter máis información e seguir a estratexia de participación da candidatura Ribeira Sacra.

0.23250818252563