Convocado un curso de cosmética orgánica en Pantón

RibeiraSacraXa
O Concello de Pantón en colaboración co Departamento de Medio Ambiente da Deputación de Lugo organiza un curso de cosmética sólida orgánica.
cosmetica natural
4 Oct 2021

O Concello de Pantón en colaboración co Departamento de Medio Ambiente da Deputación de Lugo organiza un curso de cosmética sólida orgánica. É presencial e de carácter gratuíto.

Este curso terá lugar o vindeiro mércores 27 de outubro na Casa da Cultura de O Castro da Ferreira, en horario de 16 a 20 horas.

A causa da actual situación sanitaria o curso está limitado a 10 prazas, que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición. Así pois, todas aquelas persoas que estean interesadas poden inscribirse chamando ao número de teléfono 982 456 377.

0.17318797111511