Convocado o XI Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra segue buscando iniciativas de emprendemento e proxectos innovadores para desenvolver o medio rural e poñer en valor os seus recursos. Terán preferencia os vinculados co territorio Ribeira Sacra; pero o concurso sempre estivo aberto a calquera persoa física de calquera lugar do mundo que teña unha idea empresarial destas características.
Nesta XI edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra repartiranse 20.000 euros en premios:
- 1º Premio: 10.000 euros
- 2º Premio: 000 euros
- 3º Premio: 000 euros
- Plan de Formación para os 10 proxectos que se presenten á final e manifestaran, entre o 23 e o 31 de xullo de 2025, o seu interese en participar no plan formativo que se desenvolvería no primeiro semestre do 2026.
Do 15 de marzo ao 31 de maio está aberto o prazo de presentación de ideas, a través da web sementeribeirasacra.org. A inscrición é de balde. O 23 de xullo publicarase o nome das dez ideas que o xurado considere de maior interese conforme aos obxectivos do concurso.
A estrutura da presentación da idea debe contar con:
- Título do proxecto (20 palabras para resumir de que trata a iniciativa)
- Descrición xeral (300 palabras para describir do modo máis eficaz en que consiste a iniciativa)
- Oportunidade do proxecto (150 palabras para responder á pregunta “¿por que debería investir no proxecto?” Neste apartado é necesario ter clara cal é a necesidade que cobre o produto ou servizo.
- Puntos fortes do proxecto (150 palabras que conteñan a información DAFO)
- Descrición temporal da formulación e implantación do proxecto (150 palabras para explicar as fases, prazos e outros compoñentes de tipo temporal para a formulación e implantación do proxecto).
As ideas seleccionadas presentarán antes do 30 de setembro do 2025, o proxecto rematado. Unha vez presentada a documentación, o xurado convocará aos finalistas para a exposición e defensa do seu proxecto. O fallo do xurado darase a coñecer o día 8 de novembro do 2.025, nesa xornada presentaranse os proxectos no Parador de Turismo de Monforte de Lemos e pola noite celebrarase a entrega de premios.