Convocado o concurso para elixir o deseño da camiseta oficial da Feira do Viño de Quiroga

RibeiraSacraXa
Os participantes deberán inscribirse na Casa da Cultura antes do 18 de abril
presentacion-cartel-feira-do-viño-quiroga-2025
Imaxe da presentación do cartel da Feira do Viño de Quiroga de 2025
20 Mar 2025

O Concello de Quiroga, dentro das actividades organizadas con motivo da XLIII edición da Feira do Viño de Quiroga, pon en marcha un ano máis o concurso para seleccionar a camiseta oficial desta edición, un certame que cada ano acada máis éxito, especialmente entre os grupos de mozos e mozas.

Neste concurso poden participar todos os grupos e colectivos que o desexen, sempre que estean formados por un mínimo de catro integrantes. A temática do deseño e o lema das camisetas deberá estar relacionado coa Feira do Viño. Non se admitirán a concurso camisetas que conteñan mensaxes ou imaxes que denigren a persoas, grupos ou colectivos, tanto públicos coma privados.

Os participantes deberán inscribirse na Casa da Cultura antes do 18 de abril, de forma presencial ou chamando ao teléfono 982 435 125. Tamén poderán inscribirse o mesmo día da feira no recinto, na caseta de información municipal, antes das sete da tarde.

Un representante de cada grupo anotado deberá acudir ao lugar do pregón o sábado 19 de abril para presentar a súa camiseta diante do público e do xurado. O encargado de elixir a camiseta gañadora será Fernando Romay, pregoeiro desta edición da Feira do Viño.

En canto ao premio, establecerase un único galardón consistente en 100 euros en metálico e un trofeo para os portadores da camiseta gañadora.

concurso-camisetas-feira-do-viño-de-quiroga
⚙ Configurar cookies
0.89507389068604