Convocado o Certame de Poesía Infantil do Concello de Monforte

O Concello de Monforte, a través da Biblioteca Pública Municipal Poeta Lois Pereiro, convoca o Certame de Poesía Infantil de Nadal para este 2024.
Os nenos e nenas do concello poderán presentar os seus traballos para este concurso ata o 27 de decembro de forma presencial nas instalacións da Biblioteca.
Os poemas presentados deberán estar escritos en galego e os premios consistirán nun lote de libros e un diploma acreditativo. Ademais, os traballos premiados pasarán á fase provincial do Concurso de Poesía de Nadal organizado pola Deputación de Lugo.