Continúan as obras no edificio de servizos do xeocamping de Ribas de Sil
RibeiraSacraXa
O Concello de Ribas de Sil continúa coas obras no edificio de servizos do Xeocamping que permitirá un número de prazas maior nas acampadas.
26 Apr 2021
O Concello de Ribas de Sil continúa coas obras de ampliación do edificio de servizos do xeocamping que permitirá un número de prazas maior nas acampadas. Desta maneira, poderase empregar o terreo de expansión adicional que chegará aos 2.000 metros cadrados dentro da parcela. Unha das opcións que se valora no Concello é a de acoller campamentos da Xunta nos que se poderán montar grandes tendas de campañar e grazas aos cales, os participantes poderán coñecer de primeira man algúns dos atractivos do concello.
Así mesmo, as instalacións contarán con oito duchas e seis sanitarios máis, ademais dun cuarto de lavandería, de servicios para o camping e almacén para gardar o equipamento de xardinería para o mantemento das instalacións.