Continúan as obras de ampliación do xeocamping
RibeiraSacraXa
Seguen as obras de ampliación para dotar dunha maior capacidade o edificio de servizos para o Xeocamping de Ribas de Sil.
13 May 2021
Seguen as obras de ampliación do edificio de servizos para o Xeocamping de Ribas de Sil.
Nas fotos aprécianse os locais para seis novas duchas e seis novos wc, así como un espazo para lavar a louza ademais dun novo lugar para gardar material de mantemento das instalacións. Esta ampliación serve para dotar ó xeocamping dunha maior capacidade para albergar máis visitantes do Xeoparque Montañas do Courel. Así mesmo, poderase visitar en grupos numerosos de escolares.
Este aumento de capacidade é unha forma de mellorar os ratios de rendibilidade para os futuros adxudicatarios das instalacións.