Continúan as andainas saudables en Chandrexa de Queixa

Este xoves, 26 de xuño, terá lugar unha nova saída dos Obradoiros de Saúde organizados en Chandrexa de Queixa. A andaina comezará ás 10:00 horas desde a Ponte dos Pedreiros.
As persoas interesadas poden inscribirse chamando ao Concello de Chandrexa de Queixa ou ao Centro de Saúde local.
Esta actividade forma parte do proxecto “Plan de Actuación Integral Saúde Natural do Macizo Central: Manzaneda-Chandrexa de Queixa”, gañador da IV Bolsa de Medicina Rural concedida pola Asociación de Médicos Galegos (Asomega) e a Sociedade Española de Medicina Xeral (SEMG).
O proxecto desenvólvese de xeito conxunto por persoal médico, de enfermaría e nutrición dos centros de saúde de Manzaneda e Chandrexa de Queixa, xunto con profesionais de ambos municipios, o Centro de Educación Infantil e Primaria de Manzaneda, as Casas do Neno das dúas localidades, asociacións de mulleres rurais e o titular da farmacia de Manzaneda.