Continúa o reparto de máscaras sanitarias en Chantada
RibeiraSacraXa
Danse sete máscaras por persoa: dúas FFP2 e 5 cirúrxicas. Para poder recibilas requírese ter máis de 14 anos e estar empadroado no municipio
9 Mar 2021
O Concello de Chantada continúa co reparto de máscaras sanitarias entre os veciños e veciñas. Entréganse sete máscaras por persoa: dúas FFP2 e 5 cirúrxicas.
Para poder recibir este material, totalmente de balde, requírese ter máis de 14 anos e estar empadroado no municipio.
As persoas que aínda non recolleron as súas máscaras poden facelo na entrada do edificio de Servizos Sociais da Praza de Galicia, de luns a venres e en horario de 8.30 a 14.30 horas, presentando sempre o DNI. En caso de non poder acudir, pode recoller as máscaras outra persoa co DNI que corresponda.