Continúa en Monforte a música na rúa

RibeiraSacraXa
Continúa no concello de Monforte o ciclo Grupos de Monforte, Concertos na rúa, que encherá o municipio de actuacións
Monforte concertos portada
Monforte concertos portada
31 Ago 2022

Como continuación do ciclo Grupos de Monforte, Concertos na rúa, setembro chega con novas  actuacións que encherán as rúas do municipio.

As actuacións terán lugar na Praza de España maña xoves e pasado venres e está prevista a actuación dos grupos Bella Chaos ás 23.00 horas para o xoves e o venres, Ad Heyra Liti ás 22.30 horas e Deloreans ás 00.00 horas.

PARTICIPANTES

Ad Heyra Liti é un dúo composto por Aser e Erea, dous profesores de música en Ourense que se unen para deixar voar a súa imaxinación e creatividade.

Inspirados na paisaxe natural e plasmando na súa música certos momentos da súa vida, intentan levar as composicións a certos colores que se reproducen ao tocar acordes ou notas, que tenden a cálidos ou fríos dependendo da sensación que queren transmitir. Todo isto engadíndolle a melodía perfecta.

Monforte concertos
0.15885305404663