Continúa en Bóveda a difusión da campaña de compostaxe domiciliaria

RibeiraSacraXa
Continúa en Bóveda a difusión da campaña de compostaxe domiciliaria cun stand informativo no entorno da Feira de Rubián
compostaxe boveda portada
14 Nov 2022

Hoxe luns 14 de novembro, o Concello de Bóveda segue a desenvolver en horario de 10.30 a 13.30 horas no entorno da Feira de Rubián a campaña de compostaxe domiciliaria. A iniciativa contará cun stand informativo atendido por monitores ambientais.

O Concello de Bóveda segue a desenvolver en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia -no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU-, unha campaña de compostaxe domiciliaria destinada a 50 vivendas do termo municipal.

Hoxe luns de 10.30 a 13.30 horas habilitarase no entorno da Feira de Rubián un stand informativo, atendido por monitores ambientais especialistas en xestión sostible dos residuos para que os veciños e veciñas do termo municipal se poidan informar e inscribir na campaña. Esta acción complementa á xa desenvolvida o 31 de setembro na Praza do Concello, con grande acollida entre a veciñanza.

Os veciños e veciñas interesados en adquirir un composteiro de forma totalmente gratuíta, poderán solicitalo no stand informativo habilitado ou no teléfono do concello 982 426 006 ata finais deste mes.

compostaxe boveda
0.20891809463501