Continúa aberto o prazo de inscrición para a V Andaina polo corazón de Galicia
RibeiraSacraXa
Chega o vindeiro 10 de outubro a Chantada a V edición da Andaina polo corazón de Galicia, organizada por Atletismo Chantada.
28 sep 2021
Chega o vindeiro 10 de outubro a Chantada a V edición da Andaina polo corazón de Galicia. A actividade está organizada polo equipo deportivo Atletismo Chantada e xa está aberto o prazo de inscrición dende o pasado venres 17 de setembro.
A distancia da andaina é de 16 quilómetros e discorre por un percorrido protagonizado pola natureza, entre o que se poden ver bosques e ribeiras de Chantada. Ademais, a dificultade é baixa e a saída será ás 9.30 horas no Cantón, en Chantada.
Todas aquelas persoas que estean interesadas ou que queiran participar, poden entrar no enlace da web (https://ccnorte.com/evento/detalle/id/2197) para poder apuntarse ou para conseguir máis información.