Continúa a posta en valor da Ribeira Sacra

RibeiraSacraXa
Os alumnos e profesores da Ribeira Sacra invitados a divulgar os valores da Ribeira Sacra, candidata a converterse Reserva da Biosfera.
ribeira sacra
21 Jun 2021

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, invitou aos alumnos e profesores da Ribeira Sacra a divulgar os valores desta xoia natural de Galicia. Fíxoo a través dunha carta, que enviou aos 44 centros educativos dos 23 concellos que conforman a candidatura desta zona a Reserva da Biosfera.

A conselleira manifestou que o apoio da comunidade escolar será un gran de area máis co que afianzar un chisco máis a candidatura da Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel e que neste momento xa conta co informe favorable por parte da Unesco, polo que está previsto que a finais deste verán poderá declararse definitivamente. 

Deste xeito, “este conxunto natural pasará a formar parte dun grupo exclusivo”, xa que só seis contornas de Galicia, que representan o 25% do territorio, forman parte deste listado, ao que se sumaría a Ribeira Sacra, como a sétima Reserva da Biosfera.

Ángeles Vázquez abriu as portas da Consellería que dirixe e alentou a alumnos e profesores a trasladar “calquera proposta ou idea que poña en valor e no lugar que merece á Ribeira Sacra”; ao tempo que lles solicitou, e agradeceu, que mantiveran o seu compromiso co coidado desta contorna que é, ao fin e ao cabo, a súa casa.

Nese sentido, a conselleira salienta na súa misiva o privilexio destes veciños por ser “propietarios” desta zona “cunha paisaxe única, unha beleza abraiante e unha riqueza natural exclusiva”. 

“Un privilexio que se desfruta cun xesto tan sinxelo como mirar ao voso redor”, afirmou, para apreciar o lugar que se abre ante os seus ollos e que presenta “elementos excepcionais, unha flora e unha fauna sen igual e tradicións, como a viticultura heroica, das que sentirse orgullosos”, engadiu.

A xeito de agradecemento, a Consellería de Medio Ambiente agasallou aos centros educativos cun exemplar da guía de Árbores senlleiras na contorna da Ribeira Sacra, na que se recollen as características das 16 árbores e dúas formacións singulares presentes nesta zona, para que poidan seguir afondando e redescubrindo os tesouros da Ribeira Sacra.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17643308639526