Continúa a feira medieval en Monforte trala entrega de premios levada a cabo o 16
Coa lectura ás 12 da mañá na Praza de España do saúdo por parte do alcalde de Monforte, José Tomé Roca, deu comezo oficialmente a XVIII Feira Medieval de Monforte, que se desenvolve o sábado 16 e domingo 17 de abril na cidade do Cabe.
Tras o saúdo oficial do Alcalde, tivo lugar a salva de artillería, cunha réplica dunha bombarda do século XIV, que deu inicio oficial á Feira.
Ademais, o alcalde de Monforte, José Tomé Roca, fixo entrega dos premios correspondentes ós diferentes concursos convocados arredor da XVIII Feira Medieval.
O acto de entrega de premios tivo lugar ás 17.30 h na Praza de España Os premiados e premiadas nas diferentes categorías foron os seguintes:
VI Concurso de Decoración de Balcóns
- 1º premio.- Casino Ateneo... 100€
- 2º premio.- Belén Prieto, de rúa Falagueira, 11... 75 €
- 3º premio.- Victoria Saco, de Carude, 46... 50€
VII Concurso de Decoración de Establecementos Comerciais e Hostaleiros
- 1º premio.- Fildar, Doutor Casares 12... 200€
- 2º premio.- Zapatería Dos Pies, Cardenal 10... 100 €
- 3º premio.- Farmacia ortopedia Madriñán, Cardenal 23... 75€
IX Concurso traxes medievais infantís individual:
- 1º premio: José Antonio Vila Sánchez... 50 €
- 2º premio: Sofía Rodríguez Sequeira... 25 €
IX Concurso traxes medievais infantís parellas (2 compoñentes):
- 1º premio: Édgar e Oliver Quiroga Sarceda... 100 €
- 2º premio: Ines García Vázquez e Alfonso Rodríguez Rodríguez... 75 €
IX Concurso traxes medievais adulto individual:
- 1º premio: Lucía varela Relegiel... 75 €
- 2º premio: Sara Gestal Giménez... 50 €
IX Concurso traxes medievais adultos parellas (2 compoñentes):
- 1º premio: Isabel García Sánchez e Pilar Sánchez... 175 €
- 2º premio: Aldara Otero Fernández e Patricia Lamas López... 125 €