Consolídase o primeiro hórreo romano da Península no xacemento de Proendos, en Sober
RibeiraSacraXa
Sober acolle a consolidación do primeiro hórreo romano con disposición dos muros en paralelo que se coñece no noroeste da Península Ibérica.
31 Out 2023
Sober acolle a consolidación do primeiro hórreo romano con disposición dos muros en paralelo que se coñece no noroeste da Península Ibérica. Este descubrimento foi grazas aos traballos arqueolóxicos no xacemento de Proendos.
O delegado territorial da Xunta visitou este luns os traballos arqueolóxicos impulsados polo Concello e polo Goberno autonómico, que permitirán a visita e divulgación de Proendos entre a poboación local e visitantes.
No transcurso das escavacións, nas que a Xunta investiu máis de 100.000 euros, tamén foron localizados ata nove muros e outros achados que poderían indicar o uso deste espazo en diferentes momentos posteriores ao século primeiro.