Confírmanse os primeiros artistas que actuarán durante O Castañazo de Chantada
RibeiraSacraXa
Os organizadores do Festival O Castañazo de Chantada confirman os primeiros artistas que actuarán na edición que se celebra os días 1 e 2 de novembro no corazón de Galicia.
7 May 2024
Os organizadores do Festival O Castañazo de Chantada confirman os primeiros artistas que actuarán na edición que se celebra os días 1 e 2 de novembro no corazón de Galicia.
Así, estes artistas son Los Chikos del Maíz, Boikot, Mondra e Lontreira, que levarán os seus ritmos musicais rapeiros e rockeiros ao evento.
Os organizadores, así, integran grupos de música recoñecidos non só no ámbito do rock, senón tamén doutros estilos para seguir adaptándose á vangarda musical actual e ofrecer o mellor ao seu público.