Completados os traballos de asfaltado nos accesos á Barca do Mancebido, Pozos e Riomaior

Os traballos de asfaltado nos accesos á Barca do Mancebido, Pozos e Riomaior, no concello de Quiroga, remataron estes días grazas a unha achega da Deputación de Lugo a través do Plan de Cooperación dos Concellos.
O alcalde de Quiroga, , José Luís Rivera, acompañado do Concelleiro de Medio Rural e Medio Ambiente e do técnico municipal, achegouse este martes para comprobar o remate destas obras que consistiron na colocación de novo asfaltado con dobre tratamento de rego asfáltico no acceso á Barca do Mancebico, no acceso de Sobrado ata Pozos e nun tramo do acceso a Riomaior.