Completadas as obras de a renovación enerxética da Casa do Concello de Quiroga

RibeiraSacraXa
As obras centráronse en reforzar o illamento, modernizar a climatización e actualizar a iluminación
Casa-do-concello-de-quiroga
14 Nov 2025

O Alcalde de Quiroga, José Luís Rivera, xunto cos edís Antonio Marcos e Luis Manuel Arias, revisou os traballos de mellora realizados na sede municipal para reducir o consumo enerxético do edificio. As actuacións contaron cun financiamento da Xunta de Galicia de 112.309 euros, procedente de fondos Feder, que permitiu asumir a maior parte do custo.

As obras centráronse en reforzar o illamento, modernizar a climatización e actualizar a iluminación. Substituíuse a carpintería exterior e a antiga cuberta de policarbonato, instalouse unha nova bomba de calor que proporcionará calefacción no inverno e refrixeración no verán, e renováronse os puntos de luz con tecnoloxía LED.

O Concello destaca que estas actuacións contribúen a reducir emisións e a avanzar nos obxectivos marcados polas estratexias ambientais europeas e autonómicas para 2050, ademais de mellorar o confort do persoal e das persoas usuarias dos servizos municipais e favorecer un menor gasto enerxético.

⚙ Configurar cookies
0.066973209381104