Comezan os traballos de mellora na estrada que une Sober e Doade

RibeiraSacraXa
As actuacións realízanse na vía LU-P-5903 e supoñen un investimento de preto de 100.000 euros para o acondicionamento da estrada.
estrada acondicionamento sober doade
21 Jun 2021

A Deputación de Lugo iniciou esta semana os traballos de mellora da estrada provincial LU-P-5903, que conecta o núcleo de Sober con Doade. Uns traballos nos que a institución provincial inviste preto de 100.000€ para renovar o treito comprendido entre os puntos quilométricos 13 e 13,740.

As obras consisten na ampliación da plataforma ata conseguir unha anchura de 5,5 metros. Para iso, realizaranse as tarefas de drenaxe, afirmado, aglomerado en quente e sinalización horizontal co obxectivo de reforzar a seguridade viaria e a comodidade dos usuarios e usuarias. O prazo de execución é de 9 meses, pero a previsión é que estean rematados nas vindeiras semanas, sempre que as condicións meteorolóxicas sexan favorables. 

A estas obras daráselles continuidade coa execución de novas actuacións que a Deputación ten agora mesmo en fase de licitación por un importe de 130.705,23€. Trátase do treito que vai do quilómetro 13,740 ata o 14,480, unhas obras ás que a Xunta de Goberno lles deu o visto bo a pasada semana. 

Con estas actuacións que comezaron en Sober, a Deputación continúa a mellorar a rede viaria provincial, favorecendo deste xeito a seguridade, o equilibrio territorial e a calidade de vida dos veciños e veciñas da provincia de Lugo.

obras estrada sober doade
0.16208505630493