Comezan os traballos de mellora e execución dunha senda peonil entre os núcleos de Manzaneda e San Martiño

RibeiraSacraXa
Os traballos contan cun orzamento de 145.800 euros e teñen previsto estenderse ata finais de mes
obras-senda-manzaneda
20 Nov 2025

O Concello de Manzaneda informa que o pasado venres se asinou o acta de replanteo para as obras de mantemento da capa de rodadura e execución dunha senda peonil cara a San Martiño, que se desenvolverán desde o núcleo de Manzaneda. Estes traballos forman parte do convenio Plan Hurbe, impulsado pola Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas en colaboración co Concello de Manzaneda.

A obra foi adxudicada á empresa Explotacións Medioambientais S.L., cun orzamento de 145.800 euros. Os labores comezaron esta semana e continuarán previsiblemente ata o 30 de novembro coa canalización das augas pluviais e a construción de cunetas revestidas de formigón, así como a senda peonil.

⚙ Configurar cookies
0.069566965103149