Comezan os traballos de mellora do firme da estrada entre O Carme e O Curro, en Pantón

RibeiraSacraXa
As acuacións de mellora, impulsadas pola Deputación de Lugo, contan cun orzamento de preto de 80.000 euros
traballos-mellora-estradas-provinciais-lugo
12 Jun 2025

A Deputación de Lugo vén de iniciar en Pantón as melloras do firme da LU-P-4106, a estrada que une O Carme, na parroquia de Toiriz, e O Curro, na de Ferreira. A institución provincial inviste preto de 80.000 euros no acondicionamento da práctica totalidade da vía, desde o seu inicio ata o quilómetro 6,55.

Os traballos comezaron esta semana coa reapertura das cunetas e seguirán coa reparación dos afundimentos e a repavimentación do firme na meirande parte do seu percorrido. O prazo de execución destas obras é de dous meses.

Esta é unha estrada moi importante para a veciñanza de Pantón e os visitantes á comarca, pois conecta o casco urbano con diferentes parroquias e recursos turísticos da zona, como rutas de sendeirismo e casas rurais.

O Plan de Mellora das Estradas anunciado polo Presidente contempla ademais neste municipio a mellora da totalidade da LU-P-4107, que é a que une Segade coa aldea de Marce, cun orzamento doutros 100.000 euros.

⚙ Configurar cookies
0.16426205635071