Comezan os preparativos para a XLIV Feira do Viño de Quiroga

RibeiraSacraXa
A edición de 2026 terá lugar do 4 ao 5 de abril
feira-do-viño-de-quiroga
15 Jan 2026

Quiroga acolleu esta semana a primeira reunión para preparar a XLIV Feira do Viño, que se celebrará os días 4 e 5 de abril. Á cita acudiron traballadores municipais, representantes das adegas da subzona e o alcalde local, José Luis Rivera.

Durante este primeiro contacto puxéronse en marcha os preparativos para esta tradicional celebración dedicada ao viño de Quiroga. Desde a organización sinalan que a partir de agora queda por diante un longo proceso de traballo e varias reunións para ultimar todos os detalles do evento, que incluirá desde a convocatoria do concurso de carteis promocionais ata a programación de actividades durante a feira, que se desenvolverá en plena Semana Santa.

O alcalde, que presidiu a reunión, preferiu non adiantar detalles sobre os actos, xa que aínda están en fase de definición. Ademais, explicou que se está a traballar simultaneamente noutra cita importante para o municipio: a Mostra do Aceite, que se celebrará o 14 e 15 de marzo.

⚙ Configurar cookies
0.086400032043457